25 mar 2023

Na mañá do venres, 24 de marzo, despois do recreo, tivemos unha sesión de xogos para celebrar todos xuntos as conmemoracións desta semana: Día da poesía, da árbore, da auga, da chegada da primavera. 
  •  Primeiramente, nas aulas, tivemos que elaborar diferentes xogos con materiais de refugallo 
  • No pavillón distribuímonos en diferentes estacións con nomes de árbores do noso colexio; cada equipo estaba formado por alumnado dos diferentes ciclos: infantil e primaria. 
  • Pasámolo moi ben pois compartimos todos os xogos!!! 

PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO DA SESIÓN



24 mar 2023

PROGRAMA DE RADIO NA BIBLIO

O venres, 24 de febreiro, o alumnado de 5º de Primaria realizou un programa de Radio na Biblio con contidos sobre as celebracións do Día da Poesía, da Árbore e da Auga, achegándonos información sobre a importancia destas datas e recitando poemas de creación propia. 
No vídeo podemos seguir o programa realizado por: Ainara, Cristian, Lucía, Mateo, Cristina, Omar, Helena e Alma.


22 mar 2023

TRABALLOS DO ALUMNADO

O alumnado de 1º de E. Primaria traballaron o nome das árbores e crearon unha manualidade. Con este fermoso vídeo amosan o seu traballo.


 As nenas e nenos de 5º de Primaria crearon poesías coa temática das árbores e da primavera:



20 mar 2023

DÍA MUNDIAL DA POESÍA 2023

O 21 de marzo é unha data que concita moitas vontades e dá pé a moitas conmemoracións (os bosques, a poesía, a cor, a non discriminación racial...), non deixa de ser a Primavera que o renova todo... Nós decantámonos pola poesía, pois foi a UNESCO quen declarou este 21 de marzo, Día Mundial da Poesía en 1999.

21 mar 2022

DÍA MUNDIAL DA POESÍA 2022

O día 21 de marzo celebramos o Día da Poesía e coma todos os anos, os nenos e nenas do cole fixeron moitos traballos e recitaron poesías. 
 A continuación, presentamos algúns destes traballos.
ALUMNADO DE 2º DE ED. PRIMARIA

ALUMNADO DE 4º DE ED. PRIMARIA
 
ALUMNADO DE 1º DE ED. PRIMARIA

ALUMNADO DE 4º DE ED. INFANTIL



18 mar 2021

TRABALLAMOS AS ÁRBORES E A POESÍA

O 21 de marzo ten doble celebración: Día das Árbores e Día da Poesía, por iso no colexio sempre relacionamos ámbalas dúas temáticas.

Durante a semana todos os cursos traballaron a poesía relacionada coa chegada da primavera, as árbores, plantas e natureza en xeral.

A continuación presentamos o Mural Colectivo realizado con poemas ilustrados:

O alumnado de 5º de Infantil traballou o poema "O cuco" de Manuel María e representáronno con figuriñas de plastilina. O produto final é o seguinte vídeo:

Programa de RADIO NA BIBLIO realizado por: Patrik (técnico de son), Andrés, Angel, Yeray e Sara.

Trataremos os seguintes contidos: 

• Andrés contaranos as últimas noticias sobre Marte 

• Angel o Día da árbore 

• Yeray o Día da auga 

• Sara do Día da Poesía e de como o celebramos no colexio 

    • Escoitaremos as seguintes cancións: 

  •      A margarida branca, cantada polo alumnado de 6º de Infantil 
  •      Verdes, verdes, cantada polo alumnado de de 2º de Primaria 
  •      Árbores da fraga, cantada polo alumnado de primaria.
 

Deixamos tamén un enlace a unha recompilación sobre a temática da naturela na obra de Manuel María:

Este ano, ao igual que o curso pasado por mor da pandemia, non faremos  celebración conxunta por iso fixemos unha lista de reprodución no noso canal de youtube en relación coas árbores, auga e  poesía para recordar as anteriores celebracións.




DÍA DA POESÍA 2021

 Os días 21 e 22 de marzo son unhas datas que no noso colexio temos sempre presente:

 

No colexio temos un blog especial dedicado á POESÍA:

BLOG  DÍA MUNDIAL DA POESÍA

Tamén temos unha páxina que recolle todo o que realizamos en torno ao día da árbore e da auga

DÍA DA ÁRBORE E DA AUGA

Durante esta semana estamos levando a cabo actividades complementarias relacionadas con estas datas e que unha vez finalizadas publicaremos no blog.




EXPOSICIÓN DE LIBROS E TRABALLOS



19 feb 2021

ROSALÍA DE CASTRO e a súa poesía

 Este curso 2020-2021 traballamos a poesía de Rosalía de Castro para conmemorar o seu día:

  • Musicamos o poema "Nasín cando as prantas nasen" do seu libro CANTARES GALEGOS




 

24 mar 2020

Vídeo conmemorativo

Xa temos o vídeo que realizamos con todos os traballos que se presentaron á proposta da BIBLIOSOÑOS:

IMOS SEGUIR TRABALLANDO... A BIBLIOSOÑOS PROPÓN...



Moitas gracias ás familias pola súa implicación. Temos que seguir traballando por iso animámosvos a que sigades as novas propostas que fará a BIBLIOSOÑOS

 

21 mar 2020

DÍA MUNDIAL DA POESÍA 2020


(Nestes días de quedar na casa pode ser unha boa ocasión para lembrar actividades que fixemos no colexio con motivo desta  e outras moitas celebracións)
http://marta-diapoesia.blogspot.com/


Hoxe, 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía 2020, co obxectivo de apoiar a diversidade lingüística e dar a oportunidade ás linguas ameazadas de ser un vehículo de comunicación artística. 
Durante a 30 reunión da UNESCO, en París en 1999, o organismo proclamou o 21 de marzo, como Día Mundial da Poesía, a proposta do editor Antonio Pastor  Bustamante.
Ao principio propúxose o 23 de abril, pero como xa se celebraba nesa data o Día Mundial do Libro, decidiuse finalmente o 21 de marzo, coincidindo co  equinoccio de primavera no hemisferio Setentrional.
Este día busca promover o ensino da poesía, fomentar a tradición oral dos recitais de poéticos, apoiar ás pequenas editoriais, crear unha imaxe atractiva da poesía para que non se considere unha forma anticuada de arte, senón unha vía de expresión, e restablecer o diálogo entre a poesía e as demais manifestacións artísticas, como o teatro, a danza, a música e a pintura.
A poesía contribúe á diversidade creativa ao cuestionar a forma na que usamos as palabras e o noso modo de percibir a realidade. Exprésase de maneira diferente e sutil e consegue comunicar cousas de maneira diferente.

Lembrade a proposta da BIBLIOSOÑOS:

IMOS SEGUIR TRABALLANDO... A BIBLIOSOÑOS PROPÓN...

Estamos a recibir moitos traballos ben bonitos. 

O luns 23, cos traballos recibidos, faremos un vídeo conmemorativo

Moito ánimo e feliz DÍA DA POESÍA!!!

17 mar 2020

Un poema para esta primavera

Dende a Bibliosoños facemos a seguinte proposta de traballo voluntario 
para o alumnado de Primaria.

Esta semana si houbese cole celebrariamos os días da ÁRBORE, AUGA E POESÍA.

Por iso vos propoñemos que:
  • procuredes ou inventedes un poema relacionado coa natureza, árbores, animais... (en galego, castelán ou inglés)
  • escribides o mesmo nun folio ou folla
  • facedes un debuxo ben bonito relacionado co texto e escribides o voso nome e curso
  • pedídeslle a mamá ou papá que lle faga unha foto ao voso traballo para que o envíe ao seguinte correo: bibliotecaceleiro@gmail.com
  • tedes de tempo ata o luns 23 de marzo
  • coas fotos recibidas faremos un vídeo para celebrar dende a distancia estas conmemoracións que tanto nos gustan.
Outra proposta:
  • podedes enviar un vídeo recitando ese poema elexido
  • ao mesmo correo e ata o luns 23 de marzo
 Nota: O traballo e envío do mesmo ten que estar supervisado pola vosa familia

http://pedrosalatas.blogspot.com/
Tamén vos invitamos a ler e ver o blog BIBLIOSOÑOS
O EQUIPO DA BIBLIOTECA.

28 feb 2020

A GRAN POETA ROSALÍA DE CASTRO

Presentamos uns murais presentados e complementados con poemas e cancións sobre Rosalía
  • MURAL  de Infantil
  • TRABALLOS de 1º e 2º de Primaria
  • MURAL de 3º e 4º de Primaria 

31 ene 2020

POEMAS PARA A PAZ

A convocatoria de POEMAS PARA A PAZ tivo moito éxito pois presentáronse moitos traballos.
O alumnado de 1º e 2º curso fixeron unha lectura conxunta de dous poemas moi coñecidos:
  • Con só tres letras... de Gloria Fuertes
  • Como un irmán che falo... de Celso Emilio Ferreiro
Os demáis cursos de Primaria elixiron diversos poemas e tamén crearon os seus propios poemas e ata un Rap.

No seguinte vídeo podemos ver o ben que o fixeron:



25 abr 2019

A POESÍA QUE SENTIMOS

POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR é o lema que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional  propón ás bibliotecas escolares para o curso 2018/2019, como chiscadela para descubrir a poesía que nos rodea, apoiádonos nos recursos e nas posibilidades da biblioteca escolar. Nuria Díaz foi a ilustradora convidada a interpretar este lema e a compoñer este fermoso cartel que, en breve, estará xa en todos os centros educativos galegos. 
Longa vida á poesía, "memoria do mundo", en palabras do poeta Juan Marqués, quen tamén afirma que a poesía, aínda que ninguén a lea, penetra nas conciencias e nas nacións e dá enérxicos empurróns á Historia, inventa e derruba deuses, funda e destrúe reximes políticos, declara guerras, move montañas... 
Poéticas diversas convida a asolagar as aulas de poesía, a tratar con poetas, a perderlle o medo á metáfora, a xogar coa palabra e coa imaxe até obter todo o seu zume, a coñecer a excelente e variada creación poética galega destinada a todas as idades, a permitir que o alumnado galego poña voz e dea vida á tradición lírica galega, á poesía de Rosalía e de todas e todos os poetas que foron e son.   

PÁXINA ESPECIAL
(clica na imaxe)

https://sites.google.com/site/plamblaamarina/curso-2018-2019
 

7 abr 2019

Excelente actuación do alumnado de Celeiro no "Rosalía sempre viva"

https://www.facebook.com/fundacion.manuel.maria/?__tn__=kC-R&eid=ARBVU6uQvxI_u6TL3VXIafiLezpiUXqGb9_iZlNHNLaNCFjUf1SAdPBl4wd_dOSNnuoDNISlwHHDVUKv&hc_ref=ARQ_6fnqmiqXh8CvW9c8z0AIB_Aerw0GoGJC64b8XUf-zVpepozinK0A-NYiRXxcrws&fref=nf&__xts__%5B0%5D=68.ARD8-S6qUbp75_hJbYFU9TM9euDW86EKAxPnMsJ5HtHRatlgZ4AbgRMZryB-Xl6AS8ccyPQ35eZCAhVM7FY7i-3hXosi2BKFskGrcTEpHYpmCJlRL22SwNVgOrj_IsyoR8z_b9DiBiWvWCiXWKr-NKG_6my3TicSZHs7iwpZM3ZB7jOhlEBG26wkzzh1vUp-uTSLwmRHIJHgJgbWHKx9-blpk-4HJRuLaFWUbiOUX9FQ-X3l-GHGPpUT9kNgPf_55CZPKhTkR41rF7dZ1gGIWxc_upocy0O_I8TKJ-hs7KPLDGEFAn7N_Yp6gdZUWTyu1MgX2eJ3-CXnOksEyKmM0IYJoA
Na mañá do sábado 6 de abril, na Casa-Museo Manuel María, tivo lugar a final da V Convocatoria "Rosalía sempre viva".
Na mesma participaron as alumnas e alumno do noso colexio: Thaïs Palmeiro, Ana Rodríguez, Sara Asmerón e Hugo Rey, que o fixeron estupendamente e foron moi aplaudidos.
A súa intervención podémola ver no seguinte vídeo.




24 mar 2019

Celebramos o Día Mundial da Poesía

O xoves, 21 de marzo, foi un día moi especial!   Despois do recreo xuntámonos todos os cursos para celebrar o Día da Árbore, Auga e Poesía.


Durante a semana estivemos preparando esta celebración con diferentes actividades:
  • Aprendimos a canción Árbores da fraga 
  • Escollimos unha árbore do noso colexio para apadriñala 
  • Aprendimos un poema para recitalo no apadriñamento 
  • Realizamos murais e debuxos 
Na celebración fixemos:
  • Os nenos e nenas de 6º curso plantaron un ameneiro mentres os demáis cursos cantamos a canción "Árbores da fraga" 
  • Apadriñamos a árbore que cada curso escolleu e lles recitamos os poemas 
  • Rematamos a xornada facendo limpeza dos diferentes espazos exteriores do noso colexio: as plantas do parque infantil, o horto, a charca, o xardín zen e os patios interiores. 
  • Despois de todo o inverno había moito que limpar e agora na primavera poderemos disfrutar dun entorno limpo e coidado. 
No seguinte vídeo podemos ver un pequeno resumo da celebración.

 A continuación podemos escoitar os poemas que foron recitados nos apadriñamentos.

18 mar 2019

Exposición de libros e traballos poéticos

Xa estamos comezando a  preparar a celebración dos días da Poesía, Árbore e Auga, por iso no rincón das exposicións xa podemos atopar libros relacionados coas diferentes celebracións.


15 mar 2019

POESÍA MUSICADA E ILUSTRADA

O xoves, 21 de marzo, celebraremos o Día da Poesía, da Árbore e da Auga, por iso nas aulas xa se están realizando moitas actividades.
Agora presentamos un vídeo que recolle dous poemas musicados:
  • "Verdes, Verdes" con debuxos feitos polo alumnado de 6º Infantil e cantado polo alumnado de 2º curso.
  • "TOC, TIC, TOC" con debuxos feitos polo alumnado de 5º Infantil e cantado polo alumnado de 6º de Infantil.

14 mar 2019

31 ene 2019

Polo Día da Paz




Recitado de poemas polo Paz na Bibliosoños

31 oct 2018

Polo outono



"POEMAS PARA O OUTONO" coa recompilación dos poemas que fixeron as nenas e nenos nas súas casas.
VÍDEOS CONMEMORATIVOS dos poemas de Xoán Neira:
      • OUTONO
      • O MAGOSTO
      • O RATO DE BIBLIOTECA
    • ENTREVISTA AO POETA XOÁN NEIRA


    • RECITADO DE POEMAS DE XOÁN NEIRA (alumnado de 2º curso)

1 oct 2018

A POESÍA AO LONGO DO CURSO

Este curso elaboramos unha Páxina Especial para recoller todo o que realizaremos ao longo do curso sobre a poesía.

https://sites.google.com/site/bibliotecadinamizacionlingua/poeticas-diversas-na-biblioteca-escolar

POÉTICAS DIVERSAS

POÉTICAS DIVERSAS na biblioteca escolar

é o lema que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional  propón ás bibliotecas escolares para o curso 2018/2019, como chiscadela para descubrir a poesía que nos rodea, apoiádonos nos recursos e nas posibilidades da biblioteca escolar.
Nuria Díaz foi a ilustradora convidada a interpretar este lema e a compoñer este fermoso cartel que, en breve, estará xa en todos os centros educativos galegos. 
Longa vida á poesía, "memoria do mundo", en palabras do poeta Juan Marqués, quen tamén afirma que a poesía, aínda que ninguén a lea, penetra nas conciencias e nas nacións e dá enérxicos empurróns á Historia, inventa e derruba deuses, funda e destrúe reximes políticos, declara guerras, move montañas... 
Poéticas diversas convida a asolagar as aulas de poesía, a tratar con poetas, a perderlle o medo á metáfora, a xogar coa palabra e coa imaxe até obter todo o seu zume, a coñecer a excelente e variada creación poética galega destinada a todas as idades, a permitir que o alumnado galego poña voz e dea vida á tradición lírica galega, á poesía de Rosalía e de todas e todos os poetas que foron e son.

23 mar 2018

No Día Mundial da Poesía

A poesía é unha manifestación da diversidade no diálogo, da libre circulación das ideas por medio da palabra, da creatividade e da innovación. A poesía contribúe á diversidade creativa ao cuestionar de maneira sempre renovada a forma en que usamos as palabras e as cousas, e os nosos modos de percibir e interpretar a realidade. 

A decisión de proclamar o 21 de marzo como Día Mundial da Poesía foi aprobada pola UNESCO durante o seu 30º período de sesións, que se celebrou en París en 1999. De acordo coa decisión da UNESCO, o principal obxectivo desta acción é apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e dar a oportunidade ás linguas ameazadas de ser un vehículo de comunicación artística nas súas comunidades respectivas. 
Por outra banda, este día ten como propósito promover o ensino da poesía; fomentar a tradición oral dos recitais de poéticos; apoiar ás pequenas editoriais; crear unha imaxe atractiva da poesía nos medios de comunicación para que non se considere unha forma anticuada de arte, senón unha vía de expresión que permite ás comunidades transmitir os seus valores e foros máis internos e reafirmarse na súa identidade; e restablecer o diálogo entre a poesía e as demais manifestacións artísticas, como o teatro, a danza, a música e a pintura. 
A través da Biblioteca e do Equipo Dinamizador da Lingua Galega levamos a cabo varias actividades:





17 mar 2018

Un ilustre viveirés: PASTOR DÍAZ

Con motivo do Día Mundial da Poesía imos estudar en profundidade ao coñecido como Príncipe do Romanticismo, o escritor e político: PASTOR DÍAZ.
Elaboramos unha páxina especial onde recollemos información sobre a súa vida e obra.
CLICA NA IMAXE


21 mar 2017

No día Mundial da Poesía











No Día Mundail da Poesía queremos homenaxear a todos os poetas.
Fixemos varias actividades para fomentar a lectura de poesía entre o noso alumnado:




  • Na hora de ler os libros de poesía foron os protagonistas
  • O alumnado de 1º curso traballaron os poemas de Xoán Neira nos libros: Xiz de cor, Farrapos de nube e No cubil da lúa. 
  • Tamén traballaron os poemas de Xosé Neira Vilas co libro: O xardín de Irene.

15 mar 2017

Centenario de Gloria Fuertes

http://www.gloriafuertes.org/
No Día Mundial da Poesía, dende a Biblioteca queremos lembrar a unha gran escritora e poetisa

Páxina da Fundación 
onde atoparemos moita información.

Infravalorada polos que descoñecen o alcance da súa obra poética e tamén polos que non souberon calibrar a profundidade da súa influencia en polo menos dúas xeracións de nenos, hoxe adultos que creceron baixo o feitizo da súa imaxinación poética, Gloria Fortes rexorde no centenario do seu nacemento co aprecio literario que sempre mereceu.

AUTOBIOGRAFÍA:
Gloria Fuertes nació en Madrid
a los dos días de edad,
pues fue muy laborioso el parto de mi madre
que si se descuida muere por vivirme.
A los tres años ya sabía leer
y a los seis ya sabía mis labores.
Yo era buena y delgada,
alta y algo enferma.
A los nueve años me pilló un carro
y a los catorce me pilló la guerra;
A los quince se murió mi madre, se fue cuando más falta me hacía.
Aprendí a regatear en las tiendas
y a ir a los pueblos por zanahorias.
Por entonces empecé con los amores,
-no digo nombres-,
gracias a eso, pude sobrellevar
mi juventud de barrio.
Quise ir a la guerra, para pararla,
pero me detuvieron a mitad del camino.
Luego me salió una oficina,
donde trabajo como si fuera tonta,
-pero Dios y el botones saben que no lo soy-.
Escribo por las noches
y voy al campo mucho.
Todos los míos han muerto hace años
y estoy más sola que yo misma.
He publicado versos en todos los calendarios,
escribo en un periódico de niños,
y quiero comprarme a plazos una flor natural
como las que le dan a Pemán algunas veces.

21 mar 2016

Poesía na Biblioteca

O venres, 18 de marzo, para celebrar o día da Poesía, os nenos e nenas de 2º curso, xunto coa súa profesora Maricarmen, prepararon unhas fermosas poesías para lerlles aos seus compañeiros na Biblioteca. O libro que escolleron foi "O xardín de Irene" de Xosé Neira Vilas. Esta actividade forma parte dos Apadriñamentos Lectores (6º venres lector). No seguinte vídeo podemos ver  o ben que o fixeron!.

17 mar 2016

Libros de poesía

 Recomendamos esta pequena seleción de libros de poesía que temos na Bibliosoños.



Para celebrar o día da Poesía

Para celebrar o Día Mundial da Poesía e dentro do proxecto Apadriñamentos lectores: "Venres Lector", os nenos e nenas de 2º curso van lerlles aos demais cursos un libro de poesías de Xosé Neira Viles "O xardín de Irene".

21 mar 2015

Moita poesía!!!



Para celebrar conxuntamente o Día da Árbore e o día da Poesía, 21 de marzo de 2015, preparamos unha fermosa árbore chea de follas con fermosas poesías.


17 mar 2015

Libros de poesía nas nosas lecturas

No rincón das exposicións hai moitos libros de poesía para ler nas aulas...xa sabemos que se achega o
DÍA MUNDIAL DA POESÍA
21 de marzo




20 mar 2014

Libros de Poesía

Rincón-Expositor da BIBLIOSOÑOS:

19 mar 2014

Actividade nas aulas

Este ano para conmemorar o DÍA DA POESÍA imos levar a cabo unha actividade relacionada tamén co DÍA DA ÁRBORE:

"APADRIÑA UNHA ÁRBORE"

NESTE ENLACE PODEMOS VER OS VÍDEOS

Cada curso elixirá unha árbore das que temos no entorno do noso colexio e adicaralle unha poesía, ben de creación propia ou de autor coñecido e ademais faralle unha ilustración.
Cos traballos faremos unha exposición e logo con algúns dos poemas seleccionados elaboraremos un pequeno libro.
Tamén faremos unha sesión de recitados a carón das árbores apadriñadas o venres, 21 de marzo.

  • 4º Infantil: Camelio
  • 5º Infantil: Limoeiro
  • 6º Infantil: Oliveira
  • 1º curso: Loureiro
  • 2º curso: Castiñeiro
  • 3º curso: Acivro
  • 4º curso: Pereira
  • 5º curso: Carballo
  • 6º curso: Níspero
  • Aula de Inglés: Piñeiro
  • Aula de Música: Roseiras e plantas en xeral.

Poemas e poetas galegas

Pica na imaxe



Rincón do poeta




20 mar 2013

Unha primavera de poemas

Xa está aquí a primavera e vén cargada de poemas. MÁIS INFORMACIÓN AQUÍ
Nas seguintes presentacións podemos ver os traballos dos alumnos e alumnas do colexio.

Este traballo estámolo a facer dende as Bibliotecas Escolares dos colexios do Concello de Viveiro e outros Concellos da Mariña.

19 mar 2013

RECURSOS

 


 




27 feb 2013

Preparando "Unha primavera de poemas"


Dentro do proxecto da Biblioteca Escolar e en colaboración coas bibliotecas doutros centros da Mariña, o igual que o curso pasado (“Lembrando o pasado”), propoñemos ás familias a súa participación nunha actividade que leva por título:

“UNHA PRIMAVERA DE POEMAS: apadriña unha poesía”

Esta actividade ten como obxectivo a posta en valor da poesía como unha forma máis de literatura e moi importante na formación de hábitos lectores.
Por iso enviámosvos este formato para que acompañedes aos vosos fillos na procura dun autor, da súa obra e dun poema que lles guste. No mesmo terán que copiar a poesía, facer unha pequena obra plástica a modo de ilustración do contido do poema, inventar unha estrofa nova (si se desexa)… e por último cubrir os datos que se indican. 
Cando se remate o traballo entregarase ao titor ou titora tendo como data tope o luns, 18 de marzo.
Cos traballos faremos unha exposición no propio centro coincidindo coa chegada da primavera e o Día da Poesía (21 de marzo) e durante o mes de maio, unha exposición conxunta na Sala de Exposicións do Concello de Viveiro.

27 mar 2012

Traballos premiados no concurso de poesía

Estas son as poesías premiadas no Concurso convocado para celebrar o Día Mundial da Poesía. Os gañadores son:
  • Enma García Dovale de 1º
  • Yasmina Cabrera Salazar de 2º
  • Jorge Fraga Bouza de 5º
  • Tanía López Fernández de 6º

21 mar 2012

21 de marzo DÍA MUNDIAL DA POESÍA

Hoxe, Día Mundial da Poesía, imos celebrálo recitando unhas poesías que seleccionamos nos diferentes cursos. Podemos atopalas no issuu seguinte:

2 mar 2012

Concurso de poesía

O Departamento de Normalización Lingüística convoca un concurso de poesía no que o tema principal pode ser: a nosa charca, a natureza, algún animal da charca ou a primavera, lede ben as bases:


23 mar 2011

Centenario de Gabriel Celaya

Gabriel Celaya (Hernani, 1911/ Madrid, 1991) es uno de los escritores vascos en castellano más destacados de nuestra literatura. En el Madrid de su juventud conoció a García Lorca, a Buñuel y a Dalí. Fue prisionero de las tropas franquistas, viajó a Cuba de la mano de Nicolás Guillén, fundó revistas y se convirtió en uno de los poetas más comprometidos de la posguerra.


Marea del silencio, Zarautz, Itxaropena, 1935.

La soledad cerrada, San Sebastián, Norte, 1947.

Movimientos elementales, San Sebastián, Norte, 1947.

Tranquilamente hablando, San Sebastián, Norte, 1947.